Autores Galegos: Lingua, Estilo e Etapas

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 3,17 KB.

Risco: Lingua e Estilo

Pretendeu elevar a nosa lingua á máis alta das categorías e por iso emprega o idioma dun xeito funcional, pero procurando afastarse do castelanismo.

A prosa de Risco é directa e sen recursos retóricos. A claridade, a agudeza e a sobriedade son as características básicas da súa obra. Renovou a nosa narrativa ao abandonar o ruralismo que a caracterizaba ata ese momento e introducir na súa obra unha ambientación urbana, humor crítico e intencionalidade didáctica. Etapas:

  • Pregaleguismo (1910-1918)
  • Galeguismo (1918-1936)
  • Posgaleguismo (1936-1963)

Otero Pedrayo: Lingua e Estilo

Otero Pedrayo emprega na súa obra unha lingua de base popular enriquecida polo coñecemento do galego histórico e do portugués. O estilo de Otero é espontáneo e baséase na improvisación e na inspiración. É capaz de deleitar o lector con páxinas nas que predominan a concisión e a abundancia de elipses. A combinación destas dúas formas configuran unha prosa fluída e chea de ritmo e musicalidade.

  • Pregaleguismo: Participa nas características dos membros do Cenáculo Ourensán: ampla formación intelectual, elitismo, individualismo, inconformismo...
  • Galeguismo: As súas ideas concordan co nacionalismo tradicional

Castelao: Lingua e Estilo

A súa obra literaria, chea de humorismo, ten un carácter fundamentalmente lírico e un propósito estético; se ben é certo que se pode apreciar unha indirecta intención didáctica. O humor e o lirismo son dous piares nos que se asenta a obra narrativa de Castelao. Na súa obra mestura a simplicidade da arte popular e a estética culta.

  • Etapa pregaleguista (1909-1915)
  • Etapa galeguista (1916-1930)
  • Etapa política (1931- 1950)

Fermín Bouza-Brey

  • Nao senlleira (1933). É o principal fundador da escola neotrobadoresca e esta obra será o primeiro título importante do neotrobadorismo.
  • Seitura (1955). Afástase do neotrobadorismo e achégase á estética clasicista dos anos 50.

Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos.

Luís Amado Carballo: É o creador da escola hilozoísta, que combina imaxes e metáforas vangardistas con formas rítmicas tradicionais.

Luis Pimentel: Autor de poesía lírica e intimista que, por veces, se achega ao surrealismo. Caracterízase polas metáforas visionarias, a ruptura do discurso lóxico, o predominio do verso libre e a expresión intimista e delicada.

Eduardo Blanco Amor: Autor de poemas neopopularistas e elexíacos que se achegan aos poetas da Xeración do 27. A súa obra poética está tomando relevancia tras unha nova achega da crítica actual.

Entradas relacionadas: