A Causalidade en David Hume: Crítica e Fundamentación

Classificado em Filosofia e Ética

Escrito em em português com um tamanho de 2,51 KB

Hume recoñece como fundamental a relación causa-efecto porque nos permite enlazar as ideas/impresións actuais coas experiencias pasadas e coas expectativas futuras. Se aplicamos este criterio dunha forma estrita, só podemos ter certeza/seguridade acerca das impresións anteriores, pero non podemos ter coñecementos certos acerca de feitos futuros porque non temos impresións do que vai ocorrer. Sen embargo, na nosa vida cotiá contamos sempre con que no futuro van ocorrer certos feitos: por exemplo, se poñemos auga ao lume, acabará por quentarse.

A Certeza sobre Feitos Futuros?

Como podemos ter certeza de que iso vai seguir ocorrendo? Neste caso, que se refire a feitos concretos, a certeza fundaméntase nunha inferencia causal: o lume será a causa e a auga quente será o efecto.

Se analizamos calquera relación causa-efecto entre dous feitos, percibimos sempre as mesmas impresións:

  • Contiguidade espacial entre a causa e o efecto.
  • Prioridade temporal da causa sobre o efecto.
  • Sucesión constante entre dous feitos.

Para Hume, a relación causal é a base de todas as nosas inferencias acerca de feitos dos que non temos impresión.

Como se Entende a Relación Causal?

Segundo Hume, normalmente enténdese como unha conexión necesaria (non pode non darse) entre o feito que funciona como causa e o feito que funciona como efecto. Hume rexeita esta maneira de entender a causalidade e critica a idea de conexión necesaria.

A Fundamentación da Crítica de Hume

Como fundamenta esta crítica? Parte do criterio de verdade segundo o cal unha idea é verdadeira se procede dunha impresión e pregúntase se temos algunha impresión que se corresponda coa idea de conexión necesaria.

Non, realmente percibimos un feito (a aparición do lume) e percibimos un efeito (a auga quente), pero non percibimos que haxa unha conexión necesaria entre eses dous feitos; estes feitos aparecen sempre xuntos. Entón, o único que percibimos é unha sucesión constante entre ambos feitos, e falar de que haxa unha conexión necesaria entre ambos é unha suposición.

Pero como as inferencias causais acerca de feitos futuros só se poden xustificar desde esa relación, Hume conclúe que este tipo de coñecemento é simplemente unha crenza ou unha suposición, o que non implica que carezan de certeza. Esta certeza fundaméntase no hábito, no costume: temos a experiencia de que cando aparece un feito, a continuación aparece outro.

Entradas relacionadas: