Glosario de Termos: Xeografía e Sociedade

Classificado em Geografia

Escrito em em português com um tamanho de 3,82 KB

  • Parque tecnolóxico: Espazo que concentra empresas e entidades que teñen entre os seus obxectivos a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
  • Parroquia: Entidade territorial que abarca varios núcleos de poboación baixo xurisdición moral dun sacerdote.
  • Penechaira: Superficie de erosión tendente á horizontalidade na que poden aparecer algúns relevos residuais.
  • PEIT (Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte): Programa elaborado polo Ministerio de Fomento de España que inclúe actuacións en infraestruturas e transportes desde o ano 2005 ao 2020.
  • Poboación activa: Sector da poboación que se atopa en idade de traballar.
  • Provincia: Unidade territorial administrativa formada por unha agrupación de municipios.
  • Réxime demográfico: Cada unha das etapas ou fases na evolución do movemento natural da poboación dun país, nas que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan características homoxéneas.
  • Ría: Val fluvial asolagado en parte ou na súa maior parte polas augas do mar.
  • Saldo migratorio: Diferenza entre o número de emigrantes e o de inmigrantes nun período de tempo concreto.
  • Silvicultura: Ciencia ou actividade que ten por obxecto a conservación e o aproveitamento dos montes.
  • Somontano: Terras chás, aínda que levemente inclinadas, formadas entre as serras exteriores e o centro da depresión do Ebro.
  • Subcontratación: Tipo de relación pola que o titular dun contrato principal cede a un terceiro a prestación dunha actividade económica.
  • Taxa de fecundidade: Relación entre o número de nados vivos co número de mulleres en idade de procrear.
  • Taxas aeroportuarias: Valor que se lles cobra aos pasaxeiros polo uso das instalacións aeroportuarias.
  • Tectónica de placas: Teoría científica que establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído.
  • Tómbolo: Termo co que se designa unha lingua de terra que comunica a terra firme cun illote.
  • Turoperadores (Tour operadores): Empresas dedicadas á xestión completa dunha viaxe turística.
  • Transición demográfica: Modelo que tenta explicar o paso dunha situación de altas taxas de natalidade e mortalidade a outras caracterizadas por un descenso delas.
  • Transxénicos: Aqueles organismos cuxo material xenético é manipulado en laboratorios onde foi deseñado co fin de outorgarlle algunha característica específica.
  • Umbría: Vertente montañosa orientada ás costas do sol, de tal maneira que a radiación solar é moito menor que noutras zonas próximas orientadas cara ao sol.
  • UVA (Unidades Veciñais de Absorción): Foron propostas do Instituto Nacional da Vivenda para combater o chabolismo.
  • Vexetación antrópica: Paisaxe ou zona na que a vexetación foi introducida ou modificada pola acción humana.
  • Vexetación clímax: Fase final da evolución dunha comunidade vexetal na que esta adquire un equilibrio co seu contorno medioambiental.
  • Xentrificación: Concepto urbanístico referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio que acaba sendo de clase media-alta.
  • Xeopolítica: Ciencia que estuda a relación entre os fenómenos políticos e os feitos espaciais que os orixinan ou polos que veñen orixinados.

Entradas relacionadas: