Eduardo Podal e a Lingua Galega: Literatura e Gramática

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 3,21 KB

Eduardo Podal: biografia e obra

Eduardo Podal (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917) era de familia fidalga. Marchou a estudar o bacharelato e medicina a Compostela, onde frecuentou o Liceo da Juventud. Foi exercer de médico a Ferrol, mais abandonou esta profesión e retornou á súa vila natal, Ponteceso, dedicándose á literatura. Está soterrado na Coruña, no cemiterio de Santo Amaro.

Escribiu Álbum da caridade e Queixumes dos pinos, obra formada por 91 poemas, e Os eoas.


A palabra e as clases de palabras

A palabra é a unidade con significado léxico pleno e gramatical, formada por un ou varios morfemas. Segundo a súa constitución, pode ser simple, composta ou derivada; e segundo o seu significado, variable ou invariable.

Palabras variables

  • Nomes substantivos: designan unha realidade percibida polos sentidos e poden ser concretos ou abstractos.
  • Determinantes: acompañan ao substantivo concertando en xénero e número. Hai dous tipos: os determinados e os indeterminados.
  • Pronomes: substitúen ao nome adoptando o seu significado. Poden ser persoais, relativos, posesivos, demostrativos, indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos.
  • Adxectivos: acompañan ao substantivo co que concordan en xénero e número, indicando cualidades ou propiedades deste.
  • Verbos: expresan acción ou estado.

Palabras invariables

  • Adverbios: son palabras invariables que poden acompañar ao verbo, ao adxectivo ou a outro adverbio. Son de lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación e dúbida.
  • Preposicións e conxuncións: son palabras invariables que se utilizan como nexo ou enlace.
  • Interxeccións: son palabras invariables que expresan sentimentos e equivalen a auténticas oracións.


Linguas hexemónicas, minorizadas e minoritarias

Linguas hexemónicas: son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.

Linguas minorizadas: son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións de uso.

Linguas minoritarias: son as usadas por comunidades lingüísticas pequenas en número.


As cantigas medievais galego-portuguesas

As cantigas: as cantigas de amor, de amigo, de escarnio e de maldicir eran poesía lírica profana, as cales estaban gardadas en cancioneiros: Cancioneiro da Ajuda, Biblioteca Nacional de Lisboa, Cancioneiro da Vaticana, e outros manuscritos como o Pergamiño Vindel, o Pergamiño Sharrer e o Cancioneiro da Biblioteca Bancroft. Os seus autores e intérpretes eran trobadores, xograres, segréis, menestréis e soldadeiras.

As cantigas de amor e de amigo eran de temática amorosa, e a de escarnio, satírica. A lírica relixiosa está constituída polas Cantigas de Santa María, en honra á Virxe.

Entradas relacionadas: