O Guernica de Picasso: Análise da Obra
O Guernica de Picasso
O Guernica é unha homenaxe ás vítimas do bombardeo polos nazis na poboación vasca de Guernica. É un cadro figurativo, simbólico e expresionista.
No cadro hai unha serie de figuras: unha muller que berra e ergue os brazos como querendo deter as bombas, unha muller con lámpada na man, unha muller arrastrándose, no centro atópase o cabalo e debaixo estaba o guerreiro caído, o touro topando a muller que grita co fillo morto nos brazos.
A escena está presidida por unha lámpada eléctrica. Entre o cabalo e o touro hai unha mesa e sobre ela unha pomba morta. Non hai cores e isto acentúa o dramatismo. Hai zonas claras (persoas e animais) e escuras (fondo, muros, mesa).
Composición e Estrutura
Na composición en triángulo as figuras unen-se e toda esta distribución ordena as estruturas. O espazo é case plano e os toques de profundidade están nos ángulos superiores e no lousado. A composición está orientada cara o lado esquerdo. A sensación de opresión vén dada pola violencia expresiva de moitos detalles, como nas bocas abertas e na lingua afiada do cabalo.
Influencias Artísticas
Picasso fai unha homenaxe á historia da arte e mostra a xenialidade do artista e a capacidade de mestura de estilos: realista (denuncia da atrocidade), surrealista (relación co mundo dos soños) e expresionista (expresión dramática de sentimentos).
Simbolismo das Figuras
- Mulleres e neno: sempre vítimas
- Guerreiro caído: soldados mortos
- Muller arrastrándose: a República, que simboliza a esperanza
- Ferradura: símbolo de sorte
- Espada rota e flor: esperanza
O Cabalo e o Touro
O cabalo e o touro son figuras usadas por Picasso con máis frecuencia. O cabalo ten dúas interpretacións: o cabalo rinchando pode facer referencia ao fascismo e a súa lingua á brutalidade; o cabalo como débil vítima e símbolo da dor e da agonía. O touro tamén ten dúas interpretacións: unha como imaxe do pobo español e outra como alegoría da morte. Picasso xoga coa morte/vida e a desesperación/esperanza, e Guernica é terror.
Mensaxe Final
As figuras son unha protesta contra a guerra. Simbolizan a agonía, o espanto e a rabia.
O cadro é un exemplo da capacidade da pintura para transmitir mensaxes.