Historia, Normativa e Situación Sociolingüística do Galego

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 5,13 KB

Evolución do Galego Cara ao Estándar

O galego popular coincide co Rexurdimento, cando o galego se introduce na escrita pero os seus cultivadores non teñen formación e empregan unha lingua moi dialectalizada.

O galego enxebrista: búscase a unificación supradialectal e diferénciase totalmente do castelán.

O protoestándar: créase unha nova norma máis simple e inténtase superar os usos esaxerados da etapa anterior.

O estándar: o galego é a lingua cooficial de Galicia, emprégase en ámbitos onde estivera vetado e é a lingua da administración, o ensino...

Nos comezos do século XX vaise producir a primeira proposta de normativa polo SDEG, pero xa no século anterior apareceran as primeiras preocupacións formais e lingüísticas polo idioma, e mesmo aparecen as primeiras gramáticas e os dicionarios. A RAG (fundada en 1906) e o ILG publican en 1982 as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que se fan oficiais e que desbotan as posturas reintegracionistas. Os defensores destas posturas, unidos na AGAL, analizaron as normas e defenderon a súa postura con Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego en 1983. Polo tanto, as normas ortográficas e morfolóxicas foron publicadas no ano 1982 pola RAG e o ILG, e foron modificadas dúas veces e unanimemente, unha no 1995 e outra no 2003; é falso, pois, que as nosas normas estean cambiando continuamente.

Formas Deturpadas da Nosa Lingua

  • Vulgarismos: deformacións das palabras propias da nosa lingua. Clasifícanse segundo a modificación que teñan: cambio do timbre dunha vogal, engadido de fonemas, supresión de fonemas, metátese ou pronuncia interdental do grupo ct.
  • Arcaísmos: palabras tomadas dun período da lingua anterior (época medieval) introducidas por vía culta na lingua escrita (exemplo: door por dolor).
  • Hiperenxebrismos: vocábulos creados sobre palabras xa galegas coincidentes co castelán.
  • Lusismos: formas tomadas do portugués innecesariamente. Podemos clasificalos segundo a súa natureza en:
    • Gráficos: nh por ñ.
    • Léxicos: ciumes por celos.
    • Morfolóxicos: empregar fonemas ou formas que non existen na nosa lingua.
  • Castelanismos: formas tomadas do castelán innecesariamente, aínda que algunhas poden ser necesarias.

Sociolingüística: Minorización e Normalización

As linguas minoritarias son aquelas que contan cun número reducido de falantes. A lingua minorizada é aquela que non conta cunha situación normalizada, que non se usa de forma normal e se atopa nunha situación de inferioridade con respecto a outra. Un proceso de substitución lingüística é unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización. No noso caso, o galego é unha lingua minorizada polo castelán, pero á súa vez o castelán tamén é lingua minorizada noutros países; polo tanto, pode haber linguas minoritarias en situación de oficialidade plena e linguas minoritarias minorizadas.

A normalización lingüística é o proceso que tende a converter unha lingua no vehículo de comunicación dunha sociedade, facendo que esa lingua desempeñe a totalidade de funcións que lle son propias no seu territorio.

Marco Legal da Lingua Galega

Constitución Española de 1978

O Artigo 3 dispón:

O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala.

1. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

2. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)

O Artigo 5º recolle:

5.1. A lingua propia de Galicia é o galego.

5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

5.3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

5.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Lei de Normalización Lingüística (15 de xuño de 1983)

Artigo 1: A lingua propia de Galicia é o galego. Todos os galegos teñen o dereito de usalo.

Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.

Artigo 10: Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

Entradas relacionadas: