A Nova Narrativa Galega: Características e Autores
Classificado em Espanhol
Escrito em em
português com um tamanho de 4,31 KB
Tema 7: A Nova Narrativa Galega
Características
Baixo esta etiqueta reunimos un grupo de obras narrativas publicadas entre 1954 e 1970 por un grupo de escritores e escritoras novos, de formación universitaria e con amplos coñecementos da produción narrativa europea. Estas novelas caracterízanse por:
- Romper a liñalidade espazo-temporal en favor de localizacións urbanas imprecisas e, case sempre, asfixiantes.
- Presentar personaxes con problemas patolóxicos que adoitan encontrarse en situacións marxinais ou límite.
- Empregar no interior dun mesmo relato, ao xeito do nouveau roman, a perspectiva múltiple mediante o uso de distintos narradores que tenden a expresarse a través do monólogo interior.
- Servirse do obxectalismo, técnica popularizada polo nouveau roman que consiste na descrición minuciosa e descontextualizada das cousas que o narrador ten ao seu alcance, provocando, de novo, sensacións de asfixia e estrañamento xa aludidas.
- Incidir en temas relativos ao absurdo, ao sentido da vida, á angustia ou á soidade inherente ao individuo.
O movemento iníciase coas dúas únicas novelas de Gonzalo Rodríguez Mourullo (1935): Nasce unha árbore (1954) e Memorias de Taíns (1956); e péchase co título póstumo de Xohán Casal (1936-1960): O camiño de abaixo (1970) e coa única novela de Xohana Torres (1931): Adiós, María (1971). Como seguidores da renovación narrativa iniciada por Nasce unha árbore, temos:
Xosé Luís Méndez Ferrín (1938)
Obras: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte (1964). Xa a partir de 1970 aparecerán: Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, esmeraldina (1987), Arraianos (1991) e No ventre do silencio (1999).
Características da súa obra:
- Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galicia.
- Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
- Flutuación entre o real e o ficticio.
- Recorrencia ao mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
- Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
- Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
- Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
- Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
- Desenlaces sorprendentes e paradoxais.
Carlos Casares (1941-2002)
Obras: Vento ferido (1967) e Cambio en tres (1969). A partir de 1975 aparecerán: Xoguetes para un tempo prohibido (1975), Os escuros soños de Clío (1979), Ilustrísima (1980), Os mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002).
As características principais da súa narrativa son: a coidada estrutura das obras, a axilidade das tramas novelescas, o humor e a linguaxe sinxela e directa.
Camilo González Suárez-Llanos (1931-2008)
Obras: Lonxe de nós e dentro (1961) e Como calquera outro día (1962). Vai retomar o cultivo narrativo na Democracia con: Cara a Times Square (1980), A desfeita (1983) e Cemento e outras escenas (1994).
Mª Xosé Queizán (1939)
Obra: A orella no buraco (1965). Xa na década dos 80 retomará a narrativa con títulos como: Amantía (1984), A semellanza (1988), Amor de tango (1992) e O solpor da cupletista (1995).