A Poesía Galega Actual: Contexto, Características e Autores
Classificado em Língua e literatura
Escrito em em
português com um tamanho de 3,18 KB
Contexto Histórico e Sociolingüístico
O falecemento de Franco pon fin ao réxime ditatorial e dá lugar a un sistema democrático, que se iniciará coa Constitución de 1978 e culminará co Estatuto de Autonomia de 1981.
Ese novo marco legal levará ao recoñecemento da oficialidade da nosa lingua coa Lei de Normalización Lingüística de 1983, entra así no sistema escolar.
A Poesía Actual
No ano 1976 aparecen as obras decisivas para a renovación formal e temática deste xénero (Con pólvora…).
Características Xerais
- Presenza de factores favorecedores da difusión e o cultivo da poesía (formación de grupos e colectivos poetas, creación de revistas, aparición de premios literarios de poesía).
- Consolidación definitiva da escrita feminina (Rosalía).
- Clara diversidade temática e estilística que se manifesta na convivencia de varias promocións de autores (anos 75, promoción do 80 e do 90).
A Promoción dos 80
Comezan a publicar nos anos 80, nados entre os 50 e os 60. Participan en actividades que lles dan cohesión grupal (varios colectivos poéticos e publicacións colectivas).
Contribuen á consolidación dunha nova estética na poesía caracterizada polo rupturismo coa liña social predominante na poesía anterior:
- Temas: rexeitan a poesía comprometida e prefiren a temática intimista.
- Suxeito poético: predomina o eu lírico fronte ao nós. Este eu individual mantén unha actitude ética asumindo os problemas do seu pobo.
- Estética: grande presenza do culturalismo e integración das artes, integración de elementos da contracultura urbana e marxinal, admiración polos poetas rupturistas do pasado, o que os leva a unha maior preocupación pola forma e o estilo (Ramiro Fonte).
Temas Principales
- Intimismo (amor, dor existencial, norte).
- Erotismo.
- Temática social.
- Metapoesía.
- Telurismo.
Trazos Formais
Linguaxe moi coidada e renovación léxica máis culta. Gran elaboración estilística, introdución do culturalismo. Predominio do verso libre e da métrica clásica.
A Promoción dos 90
A finais dos anos 80 prodúcese un pequeno retroceso na produción poética e un certo estancamento estético que se supera nos 90.
Prodúcese a eclosión dunha multitude de escritores novos nados entre os 60 e os 70, son a primeira xeración literaria que cursou estudos de lingua e literatura galega, o que supuxo un maior coñecemento da nosa lingua.
A proliferación dos grupos poéticos e o achegamento de moitos autores a lugares e ambientes xuvenís danlle carácter dinamizador sociocultural á poesía. Destaca tamén a culminación da progresiva incorporación da muller á literatura galega (revista Festa da palabra silenciada).
Temática e Forma
Tematicamente é unha poesía moi diversa: os temas eternos do intimismo máis os temas sociais. Empréganse novas fórmulas na procura dun maior achegamento ao lector, predomina o versolibrismo e unha linguaxe máis directa (Yolanda Castaño).