Poesia de Vangarda na Galiza

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 2,76 KB

Poesía de vangarda na Galiza

Hai dúas grandes liñas: a que, sen romper totalmente coa tradición literaria autóctona, renova a poesía galega mediante a asunción de certos presupostos vangardistas, é dicir, correntes que funden a tradición coa vangarda, e nas que se inclúen dous ismos: o hilozoísmo e o neotrobadorismo; e a que rompe totalmente coa tradición literaria galega, liña de vangarda plena que corresponde principalmente ao creacionismo.

Hilozoísmo

Ten como tema principal do poema a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. A poesía imaxinista amosa así unha gran sensualidade, cuxa meta é a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e auditivos, con predominio das cores fortes e vivas. O iniciador e principal cultivador desta tendencia foi Luís Amado Carballo, que publicou dous poemas: Proel e O galo.

Neotrobadorismo

Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os poetas novos, ante a beleza das cantigas, introducen na poesía elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación espacial e o paralelismo. Combinan temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes vangardistas. Os principais representantes foron Fermín Bouza Rei, co poemario Na non senlleira, e Álvaro Cunqueiro, con Dona do corpo delgado e Cantiga nova que se chama Riveira.

Creacionismo

O principal poeta da vangarda foi Manuel Antonio, o poeta máis innovador e orixinal, e tamén o prototipo do escritor vangardista do momento. A súa obra, de estética creacionista, caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, á que considera excesivamente continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento, e pola aposta pola renovación temática e formal. Publica de catro en catro. Follas novas e Un diario de abordo é o único libro editado en vida. Está formado por 19 poemas e estrutúrase en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas: partida, aventura e regreso. Admite diversas interpretacións, desde a simple viaxe por mar ata outras de índole filosófica e simbólica: o mar como aventura, a procura da plenitude vital, a soidade e o fracaso.

Manifesto Mais alá

Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro expresan a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños, sen adscribirse rixidamente a ningún movemento vangardista en común, senón tomando de cada un e adaptándoos ás peculiaridades de cada escritor. Amosa tamén o seu compromiso coa lingua galega, afirmando o seu monolingüismo e criticando os escritores que escollen o castelán como lingua literaria.

Entradas relacionadas: