A Política Exterior do Primeiro Franquismo
A política exterior do primeiro franquismo
A derrota do Eixe na II Guerra Mundial influíu na evolución do franquismo.
O achegamento ás potencias do Eixe
España declarouse neutral co inicio da II Guerra Mundial. Pero Serrano Suñer quería axudar ao Eixe. O réxime mostrou interese por integrarse de forma activa no bloque fascista. En 1940 Hitler e Franco reuníronse en Hendaia, asinando un protocolo secreto. Meses despois reuniuse con Mussolini en Bordighera, mais non se chegou a un acordo, aínda que Mussolini conseguiu que a posición de España fose a de non beligerancia (situación en que un Estado, sen participar activamente, mostra o apoio a un dos bandos).
O goberno español aplaudiu a invasión da URSS por Alemaña e enviou a División Azul, falanxistas para loitar contra o comunismo soviético. A axuda de España a Alemaña prolongouse co envío de miles de «voluntarios» para traballar nas súas fábricas.
O distanciamento do fascismo
Coas derrotas de Alemaña e Italia, España declarouse de novo neutral en 1943 e retirou a División Azul, pero mantivo a axuda a Alemaña co envío de volframio para as súas industrias.
Coa vitoria dos aliados, Franco remodelou a súa política, pretendendo dar unha imaxe máis próxima ás democracias occidentais. A pesar disto, quedou illada e privada do Plan Marshall.
O illamento internacional
Don Juan de Borbón publicou o Manifesto de Lausana (1945) criticando a situación española.
México e Polonia denunciaron o carácter fascista do réxime.
A Asemblea das Nacións Unidas excluía a España da organización, e foi excluída das axudas do Plan Marshall.
O inicio da guerra fría e o perigo comunista da URSS favoreceron ao réxime. Reino Unido e EUA viron a Franco como un aliado anticomunista.
Franco, un aliado contra o comunismo
En 1950, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas revogou a condena de 1946. España ingresou primeiro nas institucións internacionais: Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) e despois na ONU. Houbo importantes acordos:
Concordato coa Santa Sé en 1953, lexitimando o réxime e recoñecendo o papel da xerarquía eclesiástica española.
Pactos de Madrid de 1953 con EUA. España cedeu 4 bases militares: Rota, Morón, Zaragoza e Torrejón de Ardoz.
Estes acordos non impediron que seguise excluída do Plan Marshall.
A apertura controlada do réxime
Franco remodelou o goberno en 1951. As axudas económicas exteriores foron insuficientes e aumentou o número de folgas de obreiros e de manifestacións de estudantes na universidade.
O réxime tiña unha triple crise: a de orde social, a económica e a interna.
Para afrontar esta situación, Franco remodelou o goberno en 1957 nomeando ministros a membros do Opus Dei, os cales eran máis técnicos que políticos, aperturistas en economía e conservadores en asuntos políticos e sociais.
Carrero Blanco gañaba poder e aumentaba a presenza dos monárquicos. A Ley de Principios del Movimiento Nacional relegaba o papel da Falange.