Prosa e teatro galego: fins do século XX e comezos do XXI

Classificado em Língua e literatura

Escrito em em português com um tamanho de 5,86 KB

Prosa e teatro galego: fins do s. XX e comezos do XXI

1. Narrativa

A transformación sociopolítica desde o 1975 tivo enormes repercusións na cultura galega, que viu aberta a súa presenza en ámbitos ata entón vedados. Na década dos 80 houbo un aumento exponencial do número de obras publicadas, favorecido pola introdución do galego no ensino.

Neste período da nosa historia cultural —que corresponde co final da vida dos vellos mestres nados nas primeiras décadas do século (Blanco Amor, Cunqueiro) e máis coa obra de madureza dos mozos que participaron na recuperación cultural dos anos 50 e 60 (Méndez Ferrín, Neira Vilas)— incorpóranse á literatura galega moitos novos narradores. Como característica desta nova etapa debemos destacar unha maior diversificación en todos os aspectos:

  • A) Novelas da guerra civil e posguerra: publícanse parte das novelas centradas na guerra civil e na posguerra, case todas escritas moitos anos antes no exilio.
  • B) Narrativa ruralista: obras que exploran o imaxinario popular do rural galego.
    • b.1) Narrativa memorialista: centrada na guerra civil e na inmediata posguerra, escrita por autores que a padeceron directamente.
    • b.2) Narrativa histórica: recrea momentos do noso pasado coa introdución de elementos fantásticos ou de aventuras.
    • b.3) Realismo sociolóxico: intenta reflectir os conflitos da sociedade da época.
    • b.4) Narrativa de xénero e narrativa experimental.

A narrativa nos anos 90

Nos anos 90, a expansión iniciada na transición continúa nos anos de fin de século coa fundación de novas editoriais e premios literarios, onde salientan as seguintes tendencias: narrativa de xénero (erótica, misterio, terror...), narrativa humorística, narrativa histórica, memorialística sobre o 36, fantástica, lírica, de evocación, urbana e experimental.

2. O ensaio

O ensaio é o xénero máis novo da literatura galega, impulsado na época de posguerra pola Xeración Nós e tamén cultivado polos homes do Seminario de Estudos Galegos. A partir de 1950, o núcleo fundador da Editorial Galaxia dedicarase sobre todo ao ensaio. Nos anos 80 acada unha gran vitalidade debido a varios factores: a aparición de revistas, a creación de coleccións específicas e a galeguización de moitos ámbitos universitarios, o cal contribúe a que os investigadores publiquen en galego as súas obras.

O campo ensaístico é moi diverso; facer unha clasificación sería difícil, pero podemos establecer algunhas liñas principais:

  • Economía política: cómpre destacar o labor de Xosé Manuel Beiras.
  • Sociolingüística: é salientable o traballo de Carvalho Calero nos 90.
  • Feminismo: María Xosé Queizán é unha das máis importantes representantes co seu libro Recuperemos as mans.

3. O teatro: fins do século XX e comezos do XXI

O cambio de réxime vivido á morte de Franco conlevou unha mudanza radical no terreo literario. O mesmo sucede no teatro, no que se produce unha revitalización que nunca tivera na nosa literatura, mais de todos os xeitos continúa a gozar dunha posición inferior á poesía ou á narrativa.

Fases do teatro actual

Distinguimos tres fases no teatro actual:

  • A) Formación de compañías profesionais: grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia emprenden a aventura de facer do teatro a súa profesión. Podemos destacar a Sarabela Teatro, en Ourense.
  • B) Institucionalización: o primeiro fito é a creación do Centro Dramático Galego, primeira compañía pública dependente da Consellería de Cultura, ademais da convocatoria de diversos premios amparados por outras institucións públicas.
  • C) Desenvolvemento: multiplícanse as compañías profesionais e aparecen outras de teatro alternativo; ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e Auditorios, o que permite unha oferta máis estábel, e no curso 2005/06 arranca en Vigo a Escola Superior de Arte Dramática, primeiro centro oficial para o ensino teatral.

Tendencias e autores salientables

Ao longo destes 30 anos van aumentando tamén as publicacións e coleccións de teatro, como os Cadernos da Escola Dramática Galega ou os libros do Centro Dramático Galego publicados por Edicións Xerais. Ao contarmos cunha oferta moi variada, é difícil atopar unhas características comúns a todo o teatro desta época, pero a maioría dos estudosos sinalan catro liñas:

  • A liña crítica: comprometida coa realidade, non vai ser tan combativa senón que botará man do humor.
  • A liña lúdica: maniféstase principalmente nas comedias.
  • A liña culta (ou culturista): caracterízase polo xogo do «teatro dentro do teatro».
  • Obras de carácter experimental: cobran cada vez máis relevancia no panorama contemporáneo.

Entre os autores debemos destacar os que participaron nas Mostras de Ribadavia: Euloxio R. Ruibal, Manuel Lourenzo ou Ánxeles Cuña / Roberto Vidal Bolaño, auténticos pais do teatro contemporáneo. Facendo unha selección de autores adicionais cómpre citar a Manuel Guede Oliva; Xoán Guisán, cuxa produción é todo ironía; e Xesús Pisón, cunha obra moi extensa caracterizada por un gran ritmo escénico e temas moi variados.

Entradas relacionadas: