Resumo sobre Literatura e Gramática Galega

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 3,74 KB

Literatura Galega: Séculos Escuros, Precursores e Rexurdimento

Séculos escuros (XV a XVI-XVII)

  • Características: imposición oficial do castelán. O galego deixa de considerarse língua culta e só se conserva no ámbito doméstico.
  • Autores: anónimos. Pranto da frouseira e Soneto de Monterrei; Feixoo de Arauxo: entremés famoso sobre a pesca no río Miño.

Precursores (1ª metade do XIX)

  • Características: tímida recuperación da língua; etapa pre-galeguista e a aparición dos concursos literarios (Xogos Florais).
  • Autores: Xoán Pintos: A gaita gallega.

Rexurdimento (2ª metade do XIX)

  • Características temáticas: exaltación da paisaxe e dos costumes; defensa e dignificación da língua.
  • Autores: Valentín Lamas: O tío Marco da Portela.

A Formación do Galego

O galego é unha língua románica, románce ou neolatina, xa que deriva do latín traído polos romanos a partir da conquista, que foi chamada Gallaecia.

Morfoloxía

Palabras patrimoniais

As palabras patrimoniais son as voces que se incorporaron xa na época da colonización romana e sufriron todas as evolucións que caracterizan o paso do latín ao galego: perda da L e da N, sonorización das consoantes xordas intervocálicas, pl-, cl-, fl- pasan a ch-, e -ct- pasa a -it-.

Cultismos

Son palabras que proceden do latín e do grego, que entraron tarde no uso, de maneira que apenas sufriron cambios.

Semicultismos

Son as palabras que, aínda que se incorporaron tarde, sufriron cambios.

Substrato

As palabras que proceden de linguas prerromanas denomínanse substrato: do celta conservamos palabras de uso común; dos pobos preceltas conservamos poucas palabras, como por exemplo amorodo.

Superestrato

As palabras que proceden dos pobos posteriores aos romanos denomínanse superestrato e corresponden a árabes e xermanos. As que herdamos dos xermanos teñen que ver coa guerra e son topónimos e antropónimos; as que herdamos dos árabes son topónimos e outras palabras que comezan por a-.

A Literatura Popular

A literatura popular ten as características de: transmisión oral, carácter anónimo, variabilidade e expresión sinxela. As súas funcións son divertir, entreter, ensinar e ridiculizar.

Categorías:

  • Prosa: conto, lenda.
  • Verso: adiviñas, refráns, trabalinguas e cantigas, que poden ser infantís, de labor, de costumes, dialogadas, de Nadal e Reis, enumerativas, coplas, relixiosas e romances.
  • Teatro: representacións de carácter relixioso e satírico.

Estrutura das Palabras

As palabras son unidades lingüísticas coas que nos comunicamos. A súa estrutura é dun lexema ou raíz, que proporciona o significado, e de morfemas, que se unen ao lexema para modificar ou complementar o significado da palabra. Os morfemas poden ser flexivos ou derivativos. Ademais, poden ser prefixos, que van diante do lexema, e sufixos, que van detrás do lexema. No caso dos sufixos hai varios tipos: alterativos e derivativos.

As familias léxicas poden ser regulares, se o lexema permanece invariable, ou irregulares, se este varía.

O Acento Diacrítico

Colócase nas vogais abertas e nos monosílabos tónicos para distinguilos de outros.

Entradas relacionadas: