Vicente Risco, Otero Pedrayo e a Literatura Galega

Classificado em Espanhol

Escrito em em português com um tamanho de 3,12 KB

Análise sintática

Oração simples: Eu aprobei.

Oração composta por subordinação: Disse que aprobei.

Oração bipolar: Aprobarei se estudo (polo tanto).

Oração coordenada: Estudo e (pero, ou, ora) divirtome.

Vicente Risco

Vicente Risco entende a arte como algo próprio dunha elite. O seu pensamento baseábase no cristianismo, no celtismo e no atlantismo, elementos que considera substratos da cosmovisión de Galicia.

Destaca na narrativa, que abandona o ruralismo e acolle o intelectualismo, os motivos esotéricos, a intencionalidade didáctica e o humor crítico. En O porco de pé, critica a burguesía e satiriza a sociedade consumista e materialista.

No ensaio destacan os inadaptados, a evolución ideolóxica desde o individualismo ata o galeguismo, e a Mitteleuropa, impresións da súa viaxe por Centro Europa en pleno auxe do nazismo.

Otero Pedrayo

En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala; máis tarde ingresa no Partido Galeguista, sendo deputado por Ourense en 1931. Coa guerra civil destrúese a súa cátedra e retírase ao Pazo de Trasalba. Despois exercerá a docencia na Universidade de Santiago e convértese, nos seus últimos anos, nun símbolo galeguista.

Obras:

  • Poesía: Bocarribeira
  • Narrativa: Arredor de si, Os camiños da vida
  • Teatro: A lagarada, O desengano do priorio
  • Ensaio: Síntese xeográfica de Galicia

Temática e claves ideolóxicas:

  • Realidade e historia de Galicia;
  • Decadencia da fidalguía e chegada da modernidade;
  • Cristianismo como esencia do ser galego, oposto ao materialismo dos novos tempos;
  • Necesidade de conservar a tradición.

Estilo: gusto polas descricións detalladas e moi adornadas, abundancia de digresións, oracións longas, uso de subordinación e erudición.

Substitución linguística e cultura galega

No período da ditadura, o proceso de substitución linguística do galego polo castelán acentúase desde un punto de vista cualitativo (marxinación nos ámbitos formais e desprestixio do galego) e cuantitativo (penetración do castelán en todas as capas sociais). Destacan:

  • a represión contra as linguas distintas do castelán;
  • a educación obrigatoria en castelán;
  • a industrialización e urbanización (éxodo á cidade);
  • os medios de comunicación audiovisuais en castelán.

A produción en lingua galega viuse interrompida pola ditadura e a guerra, e continuou no exilio. En 1950, grazas á editorial Galaxia, recuperouse o cultivo do galego, que reuniu os autores exiliados desde 1936 e integrou novas xeracións dos anos 50 e 60. A partir dos anos 60 xorden agrupacións que reivindican o uso do galego e o achegan á sociedade.

Autores destacados: Risco, Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Villar Ponte.

Entradas relacionadas: