O Espazo Urbano: Urbanismo, Axentes e Transformacións

Geografia8,48 KB

O Espazo Urbano


1. Urbanismo e ordenación do territorio en España e Galicia

As cidades son lugares onde se concentra a poboación e as súas actividades. Os concellos, por medio do urbanismo e dos plans urbanísticos, teñen como función servir de marco para consensuar estes intereses diferentes, buscar solución aos problemas actuais e formular o futuro.


2. Os axentes sociais urbanos

São as persoas, grupos de cidadáns e institucións que interveñen na creación e produción do espazo urbano:

  • Os propietarios privados do solo urbano: cando os propietarios de solo optan por construír edificios, son tamén promotores inmobiliarios dispostos a vender ou alugar. Son persoas e empresas poderosas que queren facer negocio a través da compra-venda, e poden obter maiores beneficios se as propiedades teñen algunha calidade específica pola súa situación. Por iso, os promotores exercen presión sobre as institucións para que modifiquen os seus planos urbanísticos.
  • Os empresarios: buscan a mellor localización para as súas instalacións, crean postos de traballo e reclaman das institucións infraestruturas.
  • Os cidadáns: son axentes urbanos esenciais. Buscan satisfacer as súas necesidades básicas, e ademais queren minimizar o seu benestar e os aspectos negativos que leva vivir na cidade, como a contaminación ou a aglomeración. O papel que teñen como axentes urbanos dependerá da clase social á que pertencen ou da zona na que vivan.
  • Os poderes públicos: concellos, deputacións e gobernos autonómicos son tamén axentes que xogan un papel esencial no desenvolvemento urbano. A administración pública decide sobre o solo e encárgase das infraestruturas e servizos públicos. Tamén se encarga da organización social da cidade ao procurar asegurar o benestar colectivo.


3. Planeamento urbanístico

Unha necesidade humana de ordenar o territorio, no ámbito da cidade, é o urbanismo.

  • Plans urbanísticos: son un documento técnico pero cunha dimensión política e legal. Neles concéntranse todas as disposicións e propostas relacionadas co crecemento e evolución da cidade. Formúlanse os procedementos para renovar os barrios xa construídos, moderniza-los ou resolver os problemas herdados. Os plans teñen un carácter:
    • Condicionado (parten dunha situación existente que non pode ignorar)
    • Correctivo (buscan corrixir os déficits e problemas existentes)
    • Prospectivo (ao planificaren trazan un plan ou previsión de investimentos e actuacións)
    • Normativo (trátase dunha lei de obrigado cumprimento para todos)

Nos plans urbanísticos teñen moita importancia os transportes públicos e o desenvolvemento da viabilidade do tránsito privado. Cada concello establece a orientación que lle quere dar ao plan da futura cidade, levando a cabo unha cualificación do solo.

  • Clasificación do solo: En España, os plans urbanísticos clasifican o solo en catro grandes categorías:
    • Solo urbano (xa construído)
    • Solo urbanizable (son os terreos que nun futuro inmediato se van construír e serán considerados parte da cidade)
    • Sistemas xerais (terreos destinados ao funcionamento xeral do municipio)


Transformacións recentes na estrutura das cidades


1. A cidade é un organismo en constante evolución

Transfórmase polo seu crecemento cara ao exterior e polos procesos de reestruturación que se dan no seu interior.


2. Cidade difusa

Nos últimos anos producíronse cambios na morfoloxía urbana. O modelo de cidade mediterránea, compacta, foise substituíndo por un modelo de cidade difusa, de tipo anglosaxón. A cidade difusa esténdese horizontalmente e está separada en áreas comerciais, de lecer, zonas de oficinas… Caracterízase por tender a ocupar un territorio extenso e é consumidora de solo, o que implica máis mobilidade. Desde o punto de vista ecolóxico é un modelo custoso, xa que fai aumentar o transporte público colectivo, que resulta caro, e o automóbil privado convértese no medio máis práctico.


3. Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación)

A partir da segunda metade do XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir un deterioro e abandono.

Ao mesmo tempo, a actividade económica tamén foi desprazándose aos ensanches, onde había locais máis amplos e modernos para negocios. O centro histórico só foi capaz de reter algúns centros administrativos e eclesiásticos instalados en edificios monumentais. Nas últimas décadas, estas tendencias víronse compensadas polos procesos de revitalización destas zonas, debido a:

  • Políticas públicas de conservación e revitalización: dan novos usos a vellos edificios e monumentos.
  • Desenvolvemento do turismo cultural: dáse en cidades que foron declaradas Patrimonio da UNESCO, que, grazas ao turismo, foron potenciadas e rehabilitadas mediante a restauración de edificios.
  • Cambio de actitude da poboación local.

Pese a todo iso, aínda subsisten problemas nos centros históricos. É grave o envellecemento da poboación ou o baixo nivel de renda en algúns lugares, o que leva á marxinalidade social e á conformación de áreas cunha forte concentración de inmigrantes.


4. Os cambios no uso do solo urbano

Na cidade preindustrial (ata mediados do XIX), o casco antigo era parte da cidade urbanizada. O proceso de industrialización modificou esta imaxe, tendendo os usos do solo nos centros históricos cara á terciarización. Esta terciarización culmina na década de 1960, consolidando o casco antigo como centro comercial e de negocios da cidade. As cidades que durante a industrialización implantaron industrias modernas atraeron a unha numerosa poboación campesiña e medraron máis alá das murallas. Creáronse ensanches para a burguesía, barrios industriais e obreiros e barrios axardinados.

Os barrios-xardín creáronse a finais do XIX e primeiro terzo do XX. Son o resultado da difusión en España das ideas naturalistas. Desde a metade do XX, as principais cidades españolas iniciaron un enorme crecemento, debido ao crecemento natural da poboación e ao éxodo rural. Estas áreas urbanas chegaron ás veces a unirse con municipios veciños. O medre actual das cidades levou a que as antigas zonas industriais e barrios obreiros quedasen nunha situación máis céntrica no espazo urbano, polo que o solo que ocupan pode revalorizarse. Este feito deu lugar a transformacións como:

  • Nas zonas industriais obsoletas ou en crise: este solo foi ocupado por usos terciarios.
  • Nos antigos barrios obreiros: remodeláronse e revalorizáronse. Nos últimos anos, as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento máis lento, pero continúan crecendo debido á difusión da poboación e da súa actividade económica.
  • Os barrios residenciais da periferia: presentan bastante homoxeneidade social, derivada do prezo do solo e da distancia do centro.
  • Os barrios marxinais de infravivendas: xorden en solo ilegal e sen organización urbanística.
  • Os polígonos de vivenda de promoción oficial: construídos con axudas estatais e con limitacións nos seus prezos.
  • Os polígonos de vivenda de promoción privada: teñen un uso residencial e comercial.
  • Os barrios de quinteiro pechado: recupérase a escala humana en altura e a organización de rúas.
  • As áreas de vivenda unifamiliar: aumentan na periferia e son favorecidas polo desexo da clase media de contacto coa natureza.
  • As áreas industriais e de equipamento da periferia: localízanse xunto ás vías de acceso á cidade e o solo é abundante cun prezo alcanzable.
  • As áreas de equipamento: son froito da actual descentralización das actividades económicas cara á periferia urbana.

Baixar

PDF Word HTML