Tipos de Bordes entre Placas, Dobras, Falhas e Relevo
Classificado em Geologia
Escrito em em
português com um tamanho de 3,71 KB
7. A) Tipos de bordos entre placas - Bordos divergentes: construción de litosfera. Aparecen no momento en que un continente se fractura, dando lugar a un rift intracontinental.
- Bordos convergentes: destrución de litosfera. O proceso de destrución ten lugar nas zonas de subducción.
B) Plano de Benioff: o plano de contacto entre as dúas placas implicadas na subducción.
C) Tipos de subducción: de subducción de tipo andino e outra de tipo arco de illas.
8. A) Que é unha dobra? Son deformacións dos estratos que conforman un terreo.
B) Falla e tipos: cabalgamentos, magmatismo e metamorfismo. Fractura no terreo.
C) Cabalgamentos: son formacións que evolucionan a partir de falllas inversas.
9. Define:
- Plataforma continental: atópase nas zonas de transición entre litosfera continental e oceánica, dentro dunha mesma placa.
- Talude continental: zona que constitúe o límite entre a litosfera continental e a oceánica.
- Dorsais oceánicas: son cordilleiras submarinas que se atopan nos bordos divergentes.
- Fosas abisais: son as zonas máis profundas dos océanos.
10. A) O risco volcánico:
- Perigosidade: depende exclusivamente do tipo de erupción volcánica e dos procesos que pode levar asociados.
- Exposición: depende do número de persoas que vivan cerca do volcán.
- Vulnerabilidade: está relacionada coa calidade das construcións e infraestruturas.
B) Partes dun terremoto: o foco dun terremoto, desde o que parten as ondas sísmicas, denomínase hipocentro, mentres que o punto da superficie máis próxima chámase epicentro. A magnitude pódese medir co sismógrafo e a intensidade coa escala de Mercalli ou MSK.
11. A) Que é o relevo? Conxunto de formas e accidentes xeográficos que presenta a superficie terrestre.
B) Tipos de cordilleiras:
- Cordilleiras perioceánicas: orixínanse nas zonas de subducción de litosfera oceánica baixo litosfera continental.
- Arcos de illas: trátase de illas que se forman nas zonas de subducción de litosfera oceánica baixo litosfera oceánica.
- Cordilleiras intercontinentais: fórmanse a causa do choque entre placas.
15. Define:
- Sima: son pozos verticais feitos pola auga que se filtra polo solo.
- Dolina: son afundimentos do terreo causados pola disolución no subsolo.
- Caverna: son cavidades subterráneas.
- Estalagmita: fórmase no solo das cavernas e medra cara arriba.
- Estalactita: fórmase no teito das cavernas e medra cara abaixo.
12. Que é a diaxénese? Conxunto de procesos mediante os cales o sedimento depositado polos axentes externos se converte nunha rocha compacta. Algúns destes procesos son a compactación, a desidratación do sedimento e a cementación.