Exames de Física: Electromagnetismo e Electrostática
Classificado em Física
Escrito em em
português com um tamanho de 5,55 KB
Xuño 2017
- Unha esfera pequena, de masa 2 g e carga +3 µC, colga dun fío de 6 cm de lonxitude entre dúas placas metálicas verticais e paralelas separadas entre si unha distancia de 12 cm. As placas posúen cargas iguais pero de signo contrario. Calcula:
- a) O campo eléctrico entre as placas para que o fío forme un ángulo de 45° coa vertical.
- b) A tensión do fío nese momento.
- c) Se as placas se descargan, cal será a velocidade da esfera ao pasar pola vertical?
- Dúas cargas puntuais de valor +q están separadas unha distancia a. No punto medio entre ambas (a/2) cúmprese:
- a) O módulo do campo é E = 8 K·q/a² e o potencial V = 0.
- b) E = 0 e V = 4 K·q/a.
- c) Ambos son nulos.
- Dous condutores idénticos A e B paralelos,