Liberalismo, Carlismo e Moderados na Espanha Isabelina
Mantemento do Carlismo e Tradicionalismo
O Tradicionalismo é unha corrente ideolóxica heteroxénea, ultraconservadora e antiliberal, na que se engloban todos aqueles que defenden a permanencia dos valores políticos, sociais e relixiosos tradicionais. Defenden a existencia dunha monarquía patriarcal. O grupo principal estivo constituído polos carlistas, os cales non renunciaron ás súas pretensións e tentaron conseguir o trono de España.
División do liberalismo: Moderados, Progresistas e Demócratas
As diferenzas xiraron arredor de cinco aspectos: soberanía do poder, separación e exercicio dese poder, réxime de dereitos e liberdades, cuestión relixiosa e a forma de organización territorial do Estado. Dúas tendencias no liberalismo...