O Movemento Obreiro: Orixe e Desenvolvemento
Durante o século XIX, os traballadores asalariados intentaron mellorar as súas condicións de vida a través de accións colectivas de protesta e de asociación, capaces de formular as súas demandas fronte a propietarios, empresarios e autoridades políticas. As sociedades obreiras locais convertéronse en organizacións nacionais, con relación mesmo internacional. Xurdiron os sindicatos modernos e os partidos obreiros que defendían o socialismo, unha doutrina política e social que reclamaba a abolición do sistema económico capitalista e a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
A historia do movemento obreiro está forxada polas accións dos precursores, polas loitas, as conquistas sociais e as melloras económicas conseguidas...